viernes, 20 de mayo de 2022

CONTACONTOS CON ANXO

Estivemos con Anxo Guerra e cos compañeir@s de catro anos desfrutando dunha sesión de contacontos, no exterior do cole. Anxo falounos do Serpicán e do Gatipedro.
Como dixeron os nen@s, Anxo conta os contos sen ter un conto, porque os ten na cabeza, xa dixo algún dos laretiñas que os avós e as avoas saben contar así, as profes e os pais necesitamos libros, porque somos máis pequenos. 
Moitas grazas a Anxo,  sempre disposto a vir ao noso cole, aprendemos moitísimo del.





1 comentario:

  1. Moitas grazas a vós, laretas, nenas e nenos de infantil da Pedra. Que ben o pasei convosco. E tamén graciñas aos meus axudantes collendo o Serpicán e o Gatipedro

    ResponderEliminar

Casamento dos paxariños

Na aula estivemos falando da importancia de querernos e aceptarnos como somos, o día da Candeloria autoagasallámonos unha tarxetas, porque s...