A nosa horta xa comeza a dar froitos, os morotes están boísimos, para que soubesemos cal era o nome das verduras e froitos da nosa horta fixemos uns carteis na clase.
viernes, 26 de mayo de 2023
MARIÑEIROS
KAMISHIBAI
Aos Laretas gústannos moito os contos, e contalos de formas distintas, na pantalla, co robot, facendo teatro e agora, nun dos talleres de PELO, descubrimos o Kamishibai. Gustounos tanto que decidimos facer nós un conto, "Caperucita Roja". Preparamos as láminas, empregando a plastificadora, para que durasen moitísimo, ordeamos e listo para aprendelo.
MATEMÁTICAS
Seguimos a traballar as matemáticas de xeito manipulativo, estas son as nosas caras de felicildade cando cumprimos a "misión do día".
viernes, 19 de mayo de 2023
VISITAMOS A RADIO ESCOLAR
Facemos unha visita a radio escolar e aproveitamos para facer un podcast. Encantounos a experiencia.
CONTACONTOS "O AVÓ ANXO"
Tivemos moitísima sorte e co gallo do día das Letras o "avó Anxo" visitounos para contarnos as súas historias, ollade para as nosas caras... é sempre un pracer recibilo. Nós fixémoslle un pequeno agasallo e aproveitamos para traballar a bandeira de Galicia.
INTELIXENCIA ARTIFICIAL
A profe Arancha visitounos de novo, desta vez ensinounos a empregar unha app de intelixencia artificial e puidemos falar co mesmísimo Rato Chispas!
HORTA
Coa chegada da primavera, toca anovar e limpar na horta. Coa axuda da familia de Idaira, prantamos leitugas, morotes, framboesas e rábanos... a ver que tal se nos dan.
CONTOS FAVORITOS
Seguimos a ler os nosos contos favoritos na escola, tocou a quenda de "Vivan las uñas de colores" e por suposto, pintamos todos e todas as unllas.
PROXECTO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA
Imos ter uns días a Arancha na clase, facendo o seu proxecto de fin de máster. Hoxe estivemos liberando ao noso polbiño favorito "Papirus", descubrimos para que serven os códigos QR, eses que miran papá e mamá cando imos a un restaurante...
YARA PROTAGONISTA
A familia de Yara asistiu á escola e fixeron unha obra de teatro, Os tres Porquiños, encantounos, grazas por vir.
martes, 16 de mayo de 2023
FACENDO TORRADAS
Fixemos na escola torradas, estivemos lendo os libros que trouxeron da casa polo día do libro, nun deles o protagonista facía torradas, así que decidimos facelas na escola. En primeiro lugar pensamos que sería o que queriamos porlle cada quen, escribimos a receita, a listaxe da compra, a nota para pedir unha torradora... e por suposto fixémolas e papamos.
Aniversarios Marzo
Celebramos o aniversario de Martín Loira e de Dani Piñeiro, eles escolleron o doce que queriamos tomar, demos a volta ao sol e sopramos as candeas.
MOMENTOS DE AULA
Hai pouco recibimos unha pantalla nova na escola, estamos aprendendo a usala, encántanos... e tamén xogos de atención. Dásenos moi ben.
SAÍDA Á REFORMA ARREDOR DA IGREXA
Estivemos un tempo intrigados cos camións e tractores que levaban o material á obra do cemiterio, ao lado da nosa escola, así que decidimos ir facer unha visita para saber como quedara. Estivemos observando o espazo, as vistas, visitamos o parque que está ao ladiño do cole e moitos non coñeciamos e a volta tiñamos tanta fame... que visitamos ás veciñas do Muinho e encargámoslles unha tortilla, estaba boísima!
Dia contra a violencia de xénero.
Para conmemorar e concienciarnos nesta data tan importante traballamos arreo, cancións, manualidades e ata unha intervención artística, dei...

-
Tivemos moitísima sorte e co gallo do día das Letras o "avó Anxo" visitounos para contarnos as súas historias, ollade para as nos...
-
Para celebar o Nadal aprendimos esta panxoliña tan chula e signámola coa axuda da intérprete de lingua de signos da escola, Rosa Louro, que...
-
A profe Arancha visitounos de novo, desta vez ensinounos a empregar unha app de intelixencia artificial e puidemos falar co mesmísimo Rato ...