domingo, 27 de abril de 2025

Saída ao parque







Cos compañeiros e compañeiras da aula dos Peixes saímos polo camiño do río cara ao parque, estivemos comprobando os cambios que chegaron coa primavera e despois pasamos un tempiño divertidísimo no parque cos nosos compañeiros. 

 

Cousiñas do día a día.












 No día dos e das Laretas pasan un montón de cousas, descubrimos material de Polos Creativos, xogamos e facemos robótica con Ratelas, vida práctica, mesas sensoriais... acabamos esgotados!

Preparamos a horta.






Coa axuda da profe Lucía preparamos a nosa hortiña pars a primavera, xa tiñamos postas unhas acelgas, menta e porro e agora prantamos xirasois e amorodos que nos encargamos de coidar por quendas, ademais coa chegada do bo tempo podemos merendar de "picnic" polo patio.
 

miércoles, 2 de abril de 2025

Entroido

 Cheghou o día e cheghou... a Romaría, que guapos e guapas iamos no desfile cos nosos traxes e que ben acompañamos aos compañeiros de cinco anos coa súa canción e ao remate, paparota e festa na escola! 







Mascalleiros



Fomos a escola vestidos de mascalleiros e mascalleiras, foi moi divertido saber que antes a xente ía polas casas a pedir doces disfrazados... de que nos sonará iso, ademais a comparsa Os Mulos visitounos, cantamos e bailamos con eles, como nos gustou, sobre todo o "Himno de Bueu".
 

lunes, 24 de febrero de 2025

Día de Rosalía

 O mandadiño dixo que tiñamos que homenaxear Rosalía... e as nosas familias traballaron moitísimo! Nós aprendemos unha copliña dun dos seus poemas e fixemos uns traballiños na aula. 


Grazas familias.

Día da muller e a nena na ciencia

 

Celebramos o día coas nosas nenas preparando un experimento na aula! 

Saída ao parque

Cos compañeiros e compañeiras da aula dos Peixes saímos polo camiño do río cara ao parque, estivemos comprobando os cambios que chegaron coa...