martes, 22 de marzo de 2022

DÍA DA POESÍA

 Celebramos o cambio de estación e o día da poesía, aproveitando que falamos de Ucraina pintamos uns xirasois, flor do país, e reflexionamos sobre o poema de Miguel Hernández "Tristes Guerras", os laretiñas estamos moi concienciados e concienciadas co non a guerra, no noso círculo de pensamento estivemos un bo anaco analizando o poema. 

Levamos para casa unha coroa cun xirasol e algún dos versos dos poema, cadaquén o que máis lle gustou.







HORTA ESCOLAR

 APROVEITAMOS ÁS SAÍDAS OU ENTRADAS DO RECREO PARA COIDAR DA NOSA HORTIÑA, ESTAMOS ENCANTADOS E ENCANTADAS CON ELA, DESPOIS DE TANTO TRABALLO COMEZAMOS A TER OS PRIMEIROS FROITOS: UNHA LEITUGA! AROA QUE FOI A PROTA DESE DÍA LEVOUNA PARA CASA, SEGURO QUE ESTABA BOÍSIMA!




viernes, 18 de marzo de 2022

QUEIXO

 CONTINUAMOS CO PROXECTO DA GRANXA FACENDO UN RIQUÍSIMO QUEIXO FRESCO, PRIMEIRO TIVEMOS QUE ESPREMER MOITÍSIMOS LIMÓNS E DESPOIS XUNTAMOS CO LEITE E... MAXIA PROFE! PROBAMOS QUEIXO FRESCO,  PERO A MOITOS DE NÓS NON NOS GUSTOU.








8M

Celebramos o 8M facendo color violeta con rosa e azul e pintando uns símbolos para colgar na porta. Estamos moi orgullosos e orgullosas das nosas portas que abren camiño para todos e todas.




 

VENRES: DISFRACE LIBRE

 O venres viñemos coas nosas mellores galas para amosarlle o disfrace aos compañeiros e compañeiras, desfrutamos dunha boa festa coa merendola que trouxemos da casa e tamén coa música dos Mulos!




















XOVES MASCALLEIROS

 O xoves disfrazámonos de mascalleiros e mascalleiras, as profes contaron que de pequenas poñían o disfrace e ían polas casas pedindo chulas, filloas e doces, como nos tamén viñemos disfrazados e fixemos bromas a profe deunos un doce a cadaquén. Tamén levamos as nosas máscaras de animais da granxa para casa.








Reto 4. Cantar panxoliñas

  Este reto gustounos moito, coa axuda da profe Elsa aprendimos non unha, dúas panxoliñas! As cantamos no festival de Nadal xunto cos compañ...