jueves, 7 de octubre de 2021

FACENDO MAXIA

 Aproveitando a masa que fixeramos o día anterior, xogamos con colorante de cores, volvemos a amasar e... maxía! Xuntando amarelo e azul sae verde, vermello e amarelo laranxa... pasámolo xenial coa "maxia".





miércoles, 6 de octubre de 2021

FACENDO MASA

 Despois de degustar o pan, preguntámonos como se facía e puxémonos mans a obra. Fixemos masa con fariña de trigo e auga, gustounos moitísmo e é unha actividade que nos axuda moito a mellorar a motricidade nos dedos e nas mans. 





lunes, 4 de octubre de 2021

PROBAMOS CEREAIS

 COMEMOS CEREAIS COMA POLO PEPE

Fixemos unha degustación de distintos tipos de pan, feitos con trigo, millo e centeo case case como o polo Pepe. Comparamos texturas e cores, empregámolos coma esponxas para pintar, desenvolvemos o sentido do gusto e do olfacto... por votación o noso favorito é o de millo!








Reto 4. Cantar panxoliñas

  Este reto gustounos moito, coa axuda da profe Elsa aprendimos non unha, dúas panxoliñas! As cantamos no festival de Nadal xunto cos compañ...