Por fin puidemos saír de excursión, collemos o autobús e encamiñamonos á Granxa de Briz, en Marín, onde pasamos a mañá. Percorrimos o parque, desfrutamos dos tobogáns, merendamos e tomamos xeado todos xuntos.
lunes, 20 de junio de 2022
TRABALLAMOS CON AUGA
Aproveitando o bo tempo estivemos facendo unha sesión fóra da aula con auga, traballamos o conteo, a seriación, as medidas... e pasámolo xenial!
RELAXACIÓN NA AULA
Todos os días á volta do patio facemos relaxación con distintas técnicas, pero esta do rodillo é, sen dúbida, a nosa favorita.
CONTINUAMOS CO PROXECTO
Seguimos a desfrutar co noso proxecto sobre o mar, estivemos aprendendo a "pescar" con distintas artes e tamén porque na auga do mar flotamos mellor que na piscina.
martes, 7 de junio de 2022
Cumpres maio
Celebramos no cole o cumpre de Marco, coma sempre cantamos, bailamos, demos as voltas ao sol e comemos boliños.
PROXECTO O MAR
Neste trimestre estamos traballando nun proxecto ao redor do mar, desde as familias estades a proporcionarnos cousiññas moi interesantes: xogos e contos da casa,, fotos, un ourizo chulísimo, cunchas para oír o mar, area das distintas praias de Bueu e ata recibimos a visita do irmá de Idaira, que nos falou do seu traballo no mar e nos trouxo moitas cunhas raras e ata un coral.
Dia contra a violencia de xénero.
Para conmemorar e concienciarnos nesta data tan importante traballamos arreo, cancións, manualidades e ata unha intervención artística, dei...

-
Tivemos moitísima sorte e co gallo do día das Letras o "avó Anxo" visitounos para contarnos as súas historias, ollade para as nos...
-
Para celebar o Nadal aprendimos esta panxoliña tan chula e signámola coa axuda da intérprete de lingua de signos da escola, Rosa Louro, que...
-
A profe Arancha visitounos de novo, desta vez ensinounos a empregar unha app de intelixencia artificial e puidemos falar co mesmísimo Rato ...