lunes, 19 de diciembre de 2022

FELICITACIÓN DE NADAL

 Para celebar o Nadal aprendimos esta panxoliña tan chula e signámola coa axuda da intérprete de lingua de signos da escola, Rosa Louro, quen fixo esta montaxe tan chula. Grazas Rosa e Bo Nadal a a todos!






martes, 13 de diciembre de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 COMA TODOS OS ANOS ACHEGAMOS AS RECOMENDACIÓNS LECTORAS FEITAS POLOS EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DOS CENTROS ESCOLARES DO MORRAZO. ANIMÁDEVOS A LER!

GUÍA DE INFANTIL


CONTACONTOS POLA IGUALDADE

 RECIBIMOS NA ESCOLA A UXÍA QUE NOS TROUXO UNHA CHEA DE CONTOS POLA IGUALDADE. GRAZAS AO CIM POLA INICIATIVA!




MARUXA É A PROTAGONISTA

MARUXA FOI A PROTAGONISTA DA SEMANA, QUE NERVIOS! O XOVES ESTIVEMOS COA SÚA NAI E SEU IRMÁN FRAN, VIÑERON A FACERNOS UN CHOCOLATE BOÍSIMO QUE ACOMPAÑAMOS CUNS CHURROS, QUE MELLOR PARA COMEZAR O MES DO NADAL?







CUMPRES NOVEMBRO

 CELEBRAMOS OS CUMPRES DE NOVEMBRO CUNHA FESTAZA! CANTO TIVEMOS QUE AGARDAR PARA QUE CHEGASE O NOSO MOMENTO.



DÍA DA NON VIOLENCIA SOBRE AS MULLERES.

 QUE DE COUSAS PASAN NA ESCOLA. HOXE FALAMOS DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES, ESTIVEMOS LENDO CONTOS RELACIONADOS CO TEMA AO LONGO DA SEMANA E FALANDO DOS ESTEREOTIPOS, DESPOIS ELABORAMOS UNHAS BOLBORETAS COAS NOSAS MANS, PARA VOAR ATA ONDE QUEIRAMOS.



MARTÍN LOIRA PROTAGONISTA

 DESTA VEZ O PROTA FOI MARTÍN LOIRA, GRAZAS AO SEU LIBRO DESCUBRIMOS QUE É TODO UN AGRICULTOR, ENCÁNTALLE IR A HORTA E TRABALLAR. O DÍA DO PROTA ESTIVEMOS CO SEU PAI QUE NOS FALOU DO SEU TRABALLO NO HOSPITAL... FOI INTERESANTÍSIMO.




AROA PROTA

SEMANA DA PROTAGONISTA AROA, QUE BEN O PASOU, A AROA ENCÁNTALLE FACER AS RUTINAS! E O XOVES A SÚA NAI E SEU IRMÁN ROI VIÑERON CUNHA MOREA DE EXPERIMENTOS PARA FACER: ATRAVESAMOS UN GLOBO CUN PAU, FIXEMOS UN ARCO DA VELLA...



 

MAGOSTO

 CELEBRAMOS O MAGOSTO COMENDO UNHAS CASTAÑAS BOÍSIMAS QUE ASOU RAMÓN, FIXEMOS UNHA COROA, BAILAMOS E CANTAMOS... PERO O MELLOR DE TODO FOI QUE VIÑERON OS USUARIOS DO CENTRO JUAN XXIII PARA COMPARTIR A XORNADA CONNOSCO E TROUXERON UNS XOGOS TRADICIONAIS QUE ELABORARAN ELES MESMOS, APRENDEMOS ARREO.





CELEBRAMOS OS CUMPRES DE OUTUBRO

 COMO CADA MES CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS. PARABÉNS MARCO E OLIVIA!




IKER PROTAGONISTA

 Desta vez foi a quenda de Iker, coma sempre tocoulle pasar lista, estivemos lendo o libro da súa vida, fixemos a ficha coas palabras do seu nome e o xoves viñeron seu pai e  súa madriña a facer unha actividade moi chula con luz negra. Encántanos!








Casamento dos paxariños

Na aula estivemos falando da importancia de querernos e aceptarnos como somos, o día da Candeloria autoagasallámonos unha tarxetas, porque s...