Tocoulle a Noa ser a protagonista da semana, como a ela encántalle comer de picnic a súa familia preparounos un para a escola. Foi xenial.!
miércoles, 23 de noviembre de 2022
DESPEDIMOS A PROFE SORAYA
A profe Soraya marchou e démoslle unha pequena sorpresa. Moita sorte Soraya e grazas por axudarnos tanto!
FESTA DAS CABAZAS
Coa chegada de outubro estivemos preparando a celebración do Samaín, disfrazámonos, falamos das distintas personaxes que do Samaín, abrimos cabazas, medímolas... e un montón de cousas máis!
TRABALLANDO NA AULA
Os e as laretas somos moi traballadores, encántanos descubrir todas as posibilidades que temos na aula. Mirade...
Xogos colaborativos e topolóxicos
ALBA É A PROTA
Ao longo de toda a semana a nosa protagonista foi Alba, estivemos traballando arreo, sabedes que o seu nome comeza por unha das letras máxicas e que empeza igual que acaba? O xoves estivemos co seu pai que nos falou do seu traballo e nos ensinou as ferramentas que emprega, despois demos unha volta con el na bici coa que vai de paseo con Alba, tamén fixemos viedochamada coa súa nai e ensinounos o seu traballo. Grazas Alba e familia!
OLIVIA É A PROTAGONISTA
Comezamos as semanas dos protagonistas. A primeira foi Olivia, aprendemos a escribir o seu nome con distintos materias, palabras que comezan pola súa letra, cantas letras ten e comparamos co noso nome... e un día da semana estivemos coa súa nai. Ela e Olivia contáron un conto superchulo cuns títeres que despois nos agasallaron para a clase, despois fixemos uns carteliños co noso nome que levamos para colgar na casa. Grazas Oli e familia!
VENRES DE XOGOS
Agora que a COVID parace que nos deixou maís tranquilos o venres XOGOS! Estamos aprendendo a empregar moitos xogos divertidísmos, algúns son colaborativos, outros individuais que serven para afondar nas aprendizaxes da conciencia fonolóxica, conteo, aprendizaxe espacial, mellorar a capacidade de frustración, respectar as quendas... pero que, sobre todo, son divertidísimos!
FESTA FIN DE CURSO
Que sorpresa cando chegamos a escola e descubrimos os inchables, saltamos, papamos e despedímonos ao grande.
Dia contra a violencia de xénero.
Para conmemorar e concienciarnos nesta data tan importante traballamos arreo, cancións, manualidades e ata unha intervención artística, dei...

-
Tivemos moitísima sorte e co gallo do día das Letras o "avó Anxo" visitounos para contarnos as súas historias, ollade para as nos...
-
Para celebar o Nadal aprendimos esta panxoliña tan chula e signámola coa axuda da intérprete de lingua de signos da escola, Rosa Louro, que...
-
A profe Arancha visitounos de novo, desta vez ensinounos a empregar unha app de intelixencia artificial e puidemos falar co mesmísimo Rato ...