miércoles, 23 de febrero de 2022

MÉRCORES ROSALÍA

 Hoxe celebramos na escola o aniversario de Rosalía, viñemos ataviados e ataviadas para a ocasión e na escola rematamos o disfrace. 

Estes días aprendimos que Rosalía é a que "leva na fronte unha estrela" e que unha vez "tivo un cravo cravado no corazón".














MARTES EN PIXAMA

 O mandadiño tennos moi ocupados e ocupadas nesta semana, o martes tocou vir ao cole en pixama e, por suposto, facer festa de ENTROIDOOOOO!








viernes, 18 de febrero de 2022

PATIOS DIVERTIDOS

 Os patios na escola son do máis divertido, a horta: puxemos máis leitugas e colaboramos cos compis de cinco anos poñendo un hortiño con aromáticas;  temos a máquina de facer pompas, música, libros e o que máis nos gusta aos laretiñas: fozar na terra! Pasámolo xenial, pero iso si, rematamos moi cansos e calquera sitio é bo para descansar un pouco.






MATEMÁTICAS

 Os e as laretiñas estamos aprendendo moitísimo, ultimamente descubrimos uns xogos de números na pantalla que nos encantan e estamos dándolle arreo ás series, aquí tedes parte do resultado.








ESQUILANDO

 Hoxe estivemos aprendendo sobre outra das tarefas da granxa. Tocou falar da esquilaxe das ovellas, dos usos da lá... e, por suposto, puxémonos a labor... que é como mellor se aprende. 

Primeiro fixemos unha ovella entre todos e todas e despois "esquilamos"... foi moi divertido!






martes, 8 de febrero de 2022

FACEMOS MANTEIGA

 Seguimos co proxecto da granxa, hoxe falamos dos usos do leite e descubrimos a manteiga, estivemos aprendendo a receita e dándolle moi duro á batedora ata que nos quedou unha manteiga riquísima, despois coamos e por suposto probamos (a profe fixo un pouco de trampa, pero nós non o sabemos, shhhh), a moitos non nos gustou, quedamos abraiados cando as profes nos dixeron que de pequenas comían bocadillos de manteiga con  azucre.
















miércoles, 2 de febrero de 2022

UN DÍA COS/COAS LARETAS

 Na clase dos e das Laretas traballamos arreo, queredes ver que facemos ao longo do día? Despois das rutinas estivemos traballando nos nosos murais de animais, quedaron xenial, pintamos con pincel e con esponxa, pegamos algodón, papel, buscamos palabras... xa sabemos moitísimas cousas dos animais da granxa.



Despois diso tocou mover o corpo coas rimas de animais que nos trouxo a profe, aprendemos moitas palabras novas, distinguimos entre animais que viven e non na granxa e fixemos algo de psicomotricidade grosa:



Tras unha merenda e un merecidísimo "descanso" no patio, tocou regar a nosa hortiña e facer un pouco de ioga antes do conto, para poder estar máis atentos/as: 





    Aínda tivemos tempo de facer unha fichiña individual e traballar nos recunhos da aula... 





Reto 4. Cantar panxoliñas

  Este reto gustounos moito, coa axuda da profe Elsa aprendimos non unha, dúas panxoliñas! As cantamos no festival de Nadal xunto cos compañ...