jueves, 30 de septiembre de 2021

RECUNCHOS

 DESCUBRINDO OS RECUNCHOS DA NOSA AULA

Pouco a pouco imos afacéndonos aos recunchos da aula, aprendemos a usar os materiais, a "pantalla máxica" é dos nosos favoritos.




PROXECTO

 O POLO PEPE E A PORQUIÑA CLEA

Van pasando os días, en nada fai un mes que estamos xuntos na escola. Seguimos a aprender moito co Polo Pepe e os seus amiguiños, hoxe foi a quenda da porquiña Clea. Traballamos moito limpando ao tío de Clea...







REMATAMOS O PERÍODO DE ADAPTACIÓN

OS E AS LARETAS fixémolo moi ben no período de adaptación, pouco a pouco imos coñecéndonos e afacéndonos ás mestras, compañeiros e compañeiras, horarios e mestras. Para celebrar o ben que o fixemos levamos un diploma para casa:






 

miércoles, 29 de septiembre de 2021

ANIVERSARIOS SETEMBRO

 CELEBRAMOS OS CUMPRES NO COLE.

Para celebrar o cumpre de Noa  e da profe Tania fixemos as voltas ao sol coa nosa bola do mundo... a profe tardou moitísimo, eran moitas voltas!






Despois fixemos a coroa do cumpre, noa soprou a súa candea do 3, tomamos os boliños e bailamos moitísimo!

Parabéns Noa!

viernes, 17 de septiembre de 2021

Benvid@s Laretas

 BENVID@S LARETAS


  Comezamos unha nova aventura, 20 novos e novas laretiñas xa comezaron a súa andaina na escola. Estamos co período de adaptación, coñecendo novos amigos, espazos... todo está a ser moi divertido! Mirade que ben o pasamos:











Reto 4. Cantar panxoliñas

  Este reto gustounos moito, coa axuda da profe Elsa aprendimos non unha, dúas panxoliñas! As cantamos no festival de Nadal xunto cos compañ...