Aproveitamos o día da Paz e da non violencia para escoitar tamén esta canción, moitos sabemos o retrouso e descubrimos que na clase hai unha pandeireta... encantounos darlle e ser tamén "pandeireterir@s".
viernes, 28 de enero de 2022
DÍA DA PAZ
Hoxe celebramos o Día da Paz e da non violencia escolar, fixemos uns colgarellos moi chulos para levar a casa, cantamos a canción "Rumba das Apertas" e escoitamos Imagine, que fai 50 anos, coma o noso cole.
miércoles, 26 de enero de 2022
viernes, 14 de enero de 2022
COMEZAMOS PROXECTO: A GRANXA
Comezamos un novo proxecto no que aprenderemos moitas cousas das granxas. Comezamos polas galiñas, resulta que tivemos unha intrusa na nosa clase que nos deixou uns ovos, pero na oveira faltaba un... onde andará?
FESTA DE NADAL
E para rematar o trimestre, super festa na escola: merendola, globos, música e a visita dos paxes reais para recoller as cartas! Que emoción!
MESA SENSORIAL
Dos recunchos que máis nos gustan na nosa clase, un é, sen dúbida, a mesa sensorial. Esta semana fixemos unhas bolsas con gomina do pelo e moita purpu, fixemos debuxos e aproveitamos para facer o trazo do número 1 e da letra A.
FACEMOS NEVE
FACEMOS NEVE NA ESCOLA.
Antes do Nadal tiñamos moitas gañas de que nevase na escola, pero non houbo xeito... e iso que o pedimos, ata que un día decidimos facela nós, desfrutamos un montón!
Dia contra a violencia de xénero.
Para conmemorar e concienciarnos nesta data tan importante traballamos arreo, cancións, manualidades e ata unha intervención artística, dei...

-
Tivemos moitísima sorte e co gallo do día das Letras o "avó Anxo" visitounos para contarnos as súas historias, ollade para as nos...
-
Para celebar o Nadal aprendimos esta panxoliña tan chula e signámola coa axuda da intérprete de lingua de signos da escola, Rosa Louro, que...
-
A profe Arancha visitounos de novo, desta vez ensinounos a empregar unha app de intelixencia artificial e puidemos falar co mesmísimo Rato ...