sábado, 11 de octubre de 2025

7 días...dan para moito

 




Esta semana Emma apareceu cunha sorpresa na aula... resulta que vendo unha castaña atopou uns buratiños e dentro... bechooooos.  Na escola contounos un montón de cousas deles así que aproveitamos para investigar (que tamén di a profe que iso das nubes vai ter que esperar un pouco, porque cando saímos ao patio, non hai nin unha), descubrimos un montón de cousas que xa vos iremos contando. Os bechiños levan uns días connosco: son gorgojitos ou superkittys, non houbo forma de desempatar cos nomes!






Con este bo tempo aproveitamos para ir á caza de "cousas do outono" pola nosa montaña, atopamos un montón. Estivemos a clasificalas e contalas, porque había que saber "canto é un montón"



Pero unha vez feita esta conta, houbo quen preguntou "pero que número é todos eses xuntos" e puxémonos ao choio, parecía que nos ía estoupar a cabeza, pero alucinade!


Xunta e separa, separa e xunta... e DEMOS FEITO unha superconta dificilísima, a profe dixo que era unha conta de moi maiores e que estaba moi ben... pero os Laretas dixémoslle que así non vale, que sempre, sempre hai que comprobar... así que volta a contar e de paso...


A semana deu para moito máis



Resulta que a partir do luns imos ser protas TODA A SEMANA, pero quen comezaría, estivemos a buscar pistas polo cole e a útima levounos a un papel na fotocopiadora, sabiamos que era noso porque tiña o debuxo do cartaz que fixeramon con Canva entre todos no obradoiro de deseño, pero non poñía ningún nome, menos mal que a alguén se lle ocorreu ir a clase pola luz máxica e si... alí estaba. Pedro quedou contentísimo. 

Estivemos tamén escribindo palabras de Samaín, facendo círculo de pensamento, aprendendo a empregar materiais novos... e sendo moi felices! 









No hay comentarios:

Publicar un comentario

7 días...dan para moito

  Esta semana Emma apareceu cunha sorpresa na aula... resulta que vendo unha castaña atopou uns buratiños e dentro... bechooooos.  Na escola...