viernes, 17 de octubre de 2025

Pasan os días na aula.

 

Comezamos a semana, coma sempre, con robótica e oratoria: desta vez ademais do xogo de inventar cos dados, que non pode faltar, xogamos á "e se eu fose..." por exemplo a un dos laretiñas tocoulle unha alfombra "e se fose unha alfombra sería unha voadora, non das que se aspiran, porque pican cando pos o cu"



Pedro foi o prota da semana, noutra entrada xa vos contamos o ben que o pasamos con el e a súa familia. 



Engadimos cousiñas novas ás rutinas como a retroconta ao entrar na aula ou ao rematar as rutinas xogar a atopar a letra que soa... a prife fai un son e nós buscamos a letra que corresponde. Así esta semana decatamonos de que hai letras que sonan igual, mira que é complicado isto de ler!


Todos os meses facemos un debuxo de nos mesmos para ver como vai iso do esquema corporal e ao rematar o curso imos levar todos os debuxos para casa.

Estivemos traballando a motricidade e conceptos como dentro/fóra, interior/exterior



Pintamos un mural para o photocall do Samaín

Nos xogos de mesa esta semana introducimos o dooble, é moi difícil... 

No obradoiro de experimentos fixemos "cacanela", onde descubrimos que hai elementos hidrófugos como a canela iso é que como dixo un laretas "hai palabras para todo" 





Aproveitamos para cheirar de novo a canela, o luns no obradoiro sensorial xa estiveramos traballando o sentido do olfacto con cúrcuma, café e canela, e para escribir entre tod@s os materias necesarios para o experimento. 




Aprendemos sobre o ciclo da vida de varios animais, fixemos crebacabezas, traballamos a conciencia fonolóxica (a profe deunos uns animais de xoguete e nós tiñamos que buscar a inicial do animal na caixa de letras).





Moita grafomotricidade con distintos elementos.



Algunha que outra artistada que xa vos ensinaremos (algo ten que ser sorpresa!).

Tivemos sesión de PELO coa profe Tati e rematamos o oso atrapabolboretas.


E isto é só unha peque parte do que pasa na aula. Ata a semana!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Pasan os días na aula.

  Comezamos a semana, coma sempre, con robótica e oratoria: desta vez ademais do xogo de inventar cos dados, que non pode faltar, xogamos á ...