Os luns comezan con robótica e oratoria, desta vez tocaron circuitos co rato, kobold e na sesión de oratoraria, se eu fose uha cadeira, como sería... había algunhas de escritorio, de comedor, xiratorias, propulsoras...
Seguimos a investigar sobre os gorgojos... nom teñen esquelete. E falando de esqueletes, estivemos facendo rimas para a personaxe que nos tocou elaborar para o mural colectivo da escola, ao final quedou "o esquelete, quen máis medo mete".
Rematamos os adornos de Samaín para a mochila.
Fixemos grafismos, mandalas, contas, escritura espontánea e dirixida. O experimento da semana foron as pamtasmas voadoras e no obradoiro de deseño estivemos pensando e decidindo cal vai ser o invento que intentemos deseñar: un atazapatos ou unha culler anticaídas... conseguiremos desenvolvelos?
Traballamos moito os sentimentos esta semana: como nos gusta que nos digan as cousas?
Na mesa de luz e na sensorial introducimos elementos novos para seguir traballando a motricidade fina.
Polo tempo non puidemos ir moito a horta, pero xa temos amorodos e algún cogumelo.
Estivemos debullando millo coa familia de Helena e aproveitamos as espigas para construir.
Recibimos aos concelleiros que nos agasallaron cun libro dos Bolechas en Bueu a cada un de ns, que ilusión!



































No hay comentarios:
Publicar un comentario