lunes, 17 de noviembre de 2025

Traballando na aula.

 


Traballando no noso proxecto de deseño, cando desvelemos o segredo... ides alucinar! Traballamos arreo e estamos apremdendo moitísimo e o máis importante a respectar as opinións dos demais e a negociar as decisións. 

Construíndo! Somos expert@s xa. 


Transformando as cabazas e descubrindo a Kusama. Encantounos o seu traballo!














Fixemos varias artistadas de Samaín, levamos unhas poucas para colaborar na festa da Anpa, quen para a semana vainos traer un super agasallo, imos alucinar cando o descubramos! 

Na nosa horta por fin asoman os amorodos e na aula seguimos traballando, xogando e medrando! 

Samaín

 Celebramos o Samaín na escola, obradoiros, baile, merendola... foi un día de medo!
















sábado, 25 de octubre de 2025

Pasan os días...




 Os luns comezan  con robótica e oratoria, desta vez tocaron circuitos co rato, kobold e na sesión de oratoraria, se eu fose uha cadeira, como sería... había algunhas de escritorio, de comedor, xiratorias, propulsoras...





Seguimos a investigar sobre os gorgojos... nom teñen esquelete. E falando de esqueletes, estivemos facendo rimas para a personaxe que nos tocou elaborar para o mural colectivo da escola, ao final quedou "o esquelete, quen máis medo mete".






Rematamos os adornos de Samaín para a mochila. 

Fixemos grafismos, mandalas, contas, escritura espontánea e dirixida. O experimento da semana foron as pamtasmas voadoras e no obradoiro de deseño estivemos pensando e decidindo cal vai ser o invento que intentemos deseñar: un atazapatos ou unha culler anticaídas... conseguiremos desenvolvelos?

Traballamos moito os sentimentos esta semana: como nos gusta que nos digan as cousas? 

Na mesa de luz e na sensorial introducimos elementos novos para seguir traballando a motricidade fina. 

Polo tempo non puidemos ir moito a horta, pero xa temos amorodos e algún cogumelo. 

Estivemos debullando millo coa familia de Helena e aproveitamos as espigas para construir.























Recibimos aos concelleiros que nos agasallaron cun libro dos Bolechas en Bueu a cada un de ns, que ilusión! 



Cumpre de Enzo.

 Que contentísimos, todos, por fin, temos todos , profe ti tamén tes un catro! Para celebralo houbo "festa rachada" como ben din o...