lunes, 17 de noviembre de 2025

Traballando na aula.

 


Traballando no noso proxecto de deseño, cando desvelemos o segredo... ides alucinar! Traballamos arreo e estamos apremdendo moitísimo e o máis importante a respectar as opinións dos demais e a negociar as decisións. 

Construíndo! Somos expert@s xa. 


Transformando as cabazas e descubrindo a Kusama. Encantounos o seu traballo!














Fixemos varias artistadas de Samaín, levamos unhas poucas para colaborar na festa da Anpa, quen para a semana vainos traer un super agasallo, imos alucinar cando o descubramos! 

Na nosa horta por fin asoman os amorodos e na aula seguimos traballando, xogando e medrando! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cumpre de Enzo.

 Que contentísimos, todos, por fin, temos todos , profe ti tamén tes un catro! Para celebralo houbo "festa rachada" como ben din o...