domingo, 19 de octubre de 2025

Pedro prota

 Comezamos cos protagonistas semanais. Desta quenda foi Pedro, descubrimos que lle gusta un conto de lobito, que o xeu xoguete favorito é un Coco xigante e que lle gusta "Chúmbala cachúmbala", trouxo un libro chulísimo sobre a súa vida (encantounos o tractor do avó) fixemos un acróstico co seu nome, escribimos palabras coa súa letra e recibimos a visita de seus pais.





 O xoves viñeron os pais de Pedro, con eles fomos polo camiño do Bispo, recollemos moito lixo e un montón de follas e flores para facer marcapáxinas personalizados na aula. Unha actividade preciosa. Grazas familia. 








viernes, 17 de octubre de 2025

Pasan os días na aula.

 

Comezamos a semana, coma sempre, con robótica e oratoria: desta vez ademais do xogo de inventar cos dados, que non pode faltar, xogamos á "e se eu fose..." por exemplo a un dos laretiñas tocoulle unha alfombra "e se fose unha alfombra sería unha voadora, non das que se aspiran, porque pican cando pos o cu"



Pedro foi o prota da semana, noutra entrada xa vos contamos o ben que o pasamos con el e a súa familia. 



Engadimos cousiñas novas ás rutinas como a retroconta ao entrar na aula ou ao rematar as rutinas xogar a atopar a letra que soa... a prife fai un son e nós buscamos a letra que corresponde. Así esta semana decatamonos de que hai letras que sonan igual, mira que é complicado isto de ler!


Todos os meses facemos un debuxo de nos mesmos para ver como vai iso do esquema corporal e ao rematar o curso imos levar todos os debuxos para casa.

Estivemos traballando a motricidade e conceptos como dentro/fóra, interior/exterior



Pintamos un mural para o photocall do Samaín

Nos xogos de mesa esta semana introducimos o dooble, é moi difícil... 

No obradoiro de experimentos fixemos "cacanela", onde descubrimos que hai elementos hidrófugos como a canela iso é que como dixo un laretas "hai palabras para todo" 





Aproveitamos para cheirar de novo a canela, o luns no obradoiro sensorial xa estiveramos traballando o sentido do olfacto con cúrcuma, café e canela, e para escribir entre tod@s os materias necesarios para o experimento. 




Aprendemos sobre o ciclo da vida de varios animais, fixemos crebacabezas, traballamos a conciencia fonolóxica (a profe deunos uns animais de xoguete e nós tiñamos que buscar a inicial do animal na caixa de letras).





Moita grafomotricidade con distintos elementos.



Algunha que outra artistada que xa vos ensinaremos (algo ten que ser sorpresa!).

Tivemos sesión de PELO coa profe Tati e rematamos o oso atrapabolboretas.


E isto é só unha peque parte do que pasa na aula. Ata a semana!

sábado, 11 de octubre de 2025

7 días...dan para moito

 




Esta semana Emma apareceu cunha sorpresa na aula... resulta que vendo unha castaña atopou uns buratiños e dentro... bechooooos.  Na escola contounos un montón de cousas deles así que aproveitamos para investigar (que tamén di a profe que iso das nubes vai ter que esperar un pouco, porque cando saímos ao patio, non hai nin unha), descubrimos un montón de cousas que xa vos iremos contando. Os bechiños levan uns días connosco: son gorgojitos ou superkittys, non houbo forma de desempatar cos nomes!






Con este bo tempo aproveitamos para ir á caza de "cousas do outono" pola nosa montaña, atopamos un montón. Estivemos a clasificalas e contalas, porque había que saber "canto é un montón"



Pero unha vez feita esta conta, houbo quen preguntou "pero que número é todos eses xuntos" e puxémonos ao choio, parecía que nos ía estoupar a cabeza, pero alucinade!


Xunta e separa, separa e xunta... e DEMOS FEITO unha superconta dificilísima, a profe dixo que era unha conta de moi maiores e que estaba moi ben... pero os Laretas dixémoslle que así non vale, que sempre, sempre hai que comprobar... así que volta a contar e de paso...


A semana deu para moito máis



Resulta que a partir do luns imos ser protas TODA A SEMANA, pero quen comezaría?, estivemos a buscar pistas polo cole e a útima levounos a un papel na fotocopiadora, sabiamos que era noso porque tiña o debuxo do cartaz que fixeramos con Canva entre todos no obradoiro de deseño, pero non poñía ningún nome, menos mal que a alguén se lle ocorreu ir a clase pola luz máxica e si... alí estaba. Pedro quedou contentísimo. 

Estivemos tamén escribindo palabras de Samaín, facendo círculo de pensamento, aprendendo a empregar materiais novos... e sendo moi felices! 









Cumpre de Enzo.

 Que contentísimos, todos, por fin, temos todos , profe ti tamén tes un catro! Para celebralo houbo "festa rachada" como ben din o...