Comezamos o Nadal dos Laretas, despois dunha dura votación decidimos que luces colocar para usar nos vindeiros días coma corda da beleza.
Tamén estamos a preparar unhas postais chulísimas das que veredes o resultado de seguida
Coñecimos un novo amiguiño que imos empregar en robótica
Tamén unha cortadora de cartón que nos agasallaron as ANPAS, mola moitísimo... resulta que os Laretas sempre colaboramos nas decoracións das festas, como na de Samaín cos farois tan chulos que fixemos e as ANPAS fixeronnos este super agasallo.
Creamos un minimundo de Nadal, con árbores e adornos.
Temos novas propostas de Nadal nas estacións de aprendizaxe.
Estivemos traballando propostas de lectoescritura e memoria coa pantalla, no obradoiro de arte a pintura en vertical e horizontal e facendo algunha artistada máis...
No obradoiro de experimentación traballamos creando poleas, estamos a imvestigar sobre os pesos e como facelas máis eficientes.
E, por suposto, grafismos de Nadal:




























No hay comentarios:
Publicar un comentario