Que contentísimos, todos, por fin, temos todos , profe ti tamén tes un catro! Para celebralo houbo "festa rachada" como ben din os laretiñas.
lunes, 22 de diciembre de 2025
miércoles, 17 de diciembre de 2025
Visita ao Johan Carballeira
No IES Johan Carballeira sempre nos reciben xenial. Desta vez fomos ver as súas portas de Nadal e o alumnado de estética fixo con nós un onradoiro de pintacaras. Que contentísim@s estabamos, voltamos de seguro.
miércoles, 10 de diciembre de 2025
Notición: presentamos o atacordóns.
Os e as Laretas estamos traballando moitísimo. Agora toca publicitar o noso proxecto.
domingo, 7 de diciembre de 2025
Julia prota
Esta semana foi a quenda de Julia coma prota. Estivemos lendo os seus contos favoritos, facendo a lectoescritura coa súa letra, vendo o seu libro de vida e coñecendo aos seus peluxes favoritos. O venres visitounos a súa familia e fixemos unha manualidade de Nadal preciosa.
A familia de Emma
Recibimos a visita da familia de Emma, seu papá e soldador, falounos do seu traballo e probamos un montón de ferramenta, que ben o pasamos! Grazas familia.
Imos ao cole de primaria.
O noso atacordóns xa case está! E tivemos que probar o prototipo, así que fomos a presentarllo e probar cos compañeir@s de primeiro. Descubrumos que temos que facer unha mellora para os cordóns redondos e ademais pasamos un tempiño xogando cos maiores.
sábado, 6 de diciembre de 2025
Carla protagonisa
Carla foi a prota da semana e recibimos aos seus pais na aula. Co seu papá que é carpinteiro fixemos un colar de madeira precioso, despois fixemos un obradoiro sensorial de olores e nos maquillamos. Pasamos unha mañá divertidísima.
Infonadal
Relacionado coa PDI do centro recibimos unha visita moi especial. Viñeron darnos unha charla sobre o consumismo, os símbolos que temos que buscar nos xoguetes para asegurarnos de que son seguros e tamén fixemos unha manualidade.
Achégase o Nadal
Comezamos o Nadal dos Laretas, despois dunha dura votación decidimos que luces colocar para usar nos vindeiros días coma corda da beleza.
Tamén estamos a preparar unhas postais chulísimas das que veredes o resultado de seguida
Coñecimos un novo amiguiño que imos empregar en robótica
Tamén unha cortadora de cartón que nos agasallaron as ANPAS, mola moitísimo... resulta que os Laretas sempre colaboramos nas decoracións das festas, como na de Samaín cos farois tan chulos que fixemos e as ANPAS fixeronnos este super agasallo.
Creamos un minimundo de Nadal, con árbores e adornos.
Temos novas propostas de Nadal nas estacións de aprendizaxe.
Estivemos traballando propostas de lectoescritura e memoria coa pantalla, no obradoiro de arte a pintura en vertical e horizontal e facendo algunha artistada máis...
No obradoiro de experimentación traballamos creando poleas, estamos a imvestigar sobre os pesos e como facelas máis eficientes.
Cumpre de Enzo.
Que contentísimos, todos, por fin, temos todos , profe ti tamén tes un catro! Para celebralo houbo "festa rachada" como ben din o...
-
Cos compañeiros e compañeiras da aula dos Peixes saímos polo camiño do río cara ao parque, estivemos comprobando os cambios que chegaron coa...
-
Os luns comezan con robótica e oratoria, desta vez tocaron circuitos co rato, kobold e na sesión de oratoraria, se eu fose uha cadeira, co...
-
O mandadiño dixo que tiñamos que homenaxear Rosalía... e as nosas familias traballaron moitísimo! Nós aprendemos unha copliña dun dos seus ...









































































