Estivemos traballando arreo no proxecto do inverno... deixamos un pequeno resumo de todo o que traballamos.
lunes, 24 de febrero de 2025
viernes, 7 de febrero de 2025
Pista de esquí
Que sorpresa ao entrar na esola, que era iso que había na alfombra?
Unha pista para esquiar! Pareceunos divertidísimo... case todo@s nos animamos a probar. Era ben difícil, non pensedes.
Despois de todo ese esforzo xa só nos quedaba... desfrutar da "neve"
Facemos iglús
Na aula estamos aprendendo cousas sobre o inverno, as cores, temperatura, cambios na natureza, animais e persoas que viven en zonas frías... e descubrimos os iglús.
A profe trouxonos uns terróns de azucre que se parecen aos tixolos de xeo cos que se constrúen os iglús
Estivemos probando toda a mañá, que reto máis difícil pero ao final...
Conseguimos unhas construcións ben xeitosas.
Cumpres de xaneiro
Helena, Pedro e Iván xa teñen catro anos! Xunt@s fixemos unha festaza na clase, bailamos, cantamos e papamos. Parabéns laretiñas.
Biblioteca
Como xa sabedes, todos os luns imos a biblioteca. Primeiro collemos as bolsas superchulas que fixemos na aula, unha vez na biblioteca temos un montón de libros para escoller e cadaquén leva o que máis lle gusta, hai quen sempre repite o mesmo! Pero iso non é a parte máis divertida o que máis nos gusta e facer nós mesmos o préstamo, collemos o noso carnet e pásamos o código de barras, despois bucamos outro código de barras no libro pasámolo tamén e listo! Así Papirus xa sabe que libro levou cada un... está desexando vernos todos os luns.
Día da paz.
Celebramos na escola o día da paz e da non violencia. Estivemos preparando unha "coroa" ben bonita, cunha pombiña da paz. Fomos xuntos ata o cole de primaria e cantamos a canción de Xabier Díaz "Muiñeira irmandiña" e, sabedes? O mesmísimo Xabier mandounos un vídeo para darnos as grazas por escoller a súa canción, os maiores leron unhas mensaxes chulísimas e ademais pudemos ver como unha compañeira soltaba as pombas de seu avó.
lunes, 23 de diciembre de 2024
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Cumpre de Enzo.
Que contentísimos, todos, por fin, temos todos , profe ti tamén tes un catro! Para celebralo houbo "festa rachada" como ben din o...
-
Os e as Laretas estamos traballando moitísimo. Agora toca publicitar o noso proxecto. Agardámosvos a todos e todas o 18 entre ás 10:30 e ...
-
Os luns comezan con robótica e oratoria, desta vez tocaron circuitos co rato, kobold e na sesión de oratoraria, se eu fose uha cadeira, co...
-
Que contentísimos, todos, por fin, temos todos , profe ti tamén tes un catro! Para celebralo houbo "festa rachada" como ben din o...





























