martes, 25 de noviembre de 2025

25 de novembro

 


Para conmemorar o 25N no cole estivemos dialogando no obradoiro de oratoria sobre o tema, despois elaboramos unhas tarxetas con insultos que sabemos que se lle din ás mulleres e decidimos varrelos para que se vaian ao lixo, que é onde teñen que estar. 

Imos ao insti

 Seguimos a tope co noso proxecto de deseño. Precisabamos cortar os cús dos envases de iogur, como era moi difícil pedimos axuda aos compañeiros de soldadura do instituto... e alí que nos fomos, aproveitamos para ver o taller. Que chulada! Algúns xa queriamos quedar alí. Aproveitamos que á volta ao cole non chovía para ver as decoracións tan bonitas que nos puxeron enfronte da escola. 










André prota.

 A familia de André ( faltou Carla, a quen lle mandamos moitos bicos tamén) acudiu o xoves ao cole para facer connosco unha manualidade e un experimento. Que contentos marchamos para casa coas nosas arboriñas! 






Sete días máis.

Comezamos a semana cunhas bandexas sensoriais novas, xa sabedes, tocar, amasar, separar... xogando coas manciñas e facendo moítisima psicomotricidade fina. 

No obradoiro de matemáticas... a profe quería contar ata once pero nós... dixemos que 11 era impar, nom servía para facer parellas, que mellor o doce que servía para facer cadrados e parellas, ves profe, catro tres veces son doce... a profe dixo que ás veces iamos máis rápidos que os cohetes! 


Experimentamos con bicarbonato e vinagre... montamos unha boa lea jajaja... deixamos todo por escrito como boas científicas e científicos que somos! 
Pintamos moito... unha nova argallada...
Traballamos conceptos básicos.

Aprendemos a facer crachas. Debuxamos ás nosas mamás e as convertemos en crachas... así as podemos levar pretiño do corazón, aínda que a maioría dixo que lla ía agasallar a súa mami. 
Algo de grafismos... xa estamos a rematar os grafismos de outono. Estamos a collerlle o gusto!


 E moito xogo e aprendizaxe na aula. 

Máis magosto.

 Algunha fotiño máis do magosto... que gañas de repetir. 








martes, 18 de noviembre de 2025

Magosto

 Por fin fixo bo día para celebrar o magosto. Estivemos no cole de primaria xogando con todo o que nos trouxeron da Asociación Corredoiras e despois pasamos uns momentos divertidí















simos coas familias. Viva o magosto de A Pedra!


Dami prota

 O noso Dami foi o prota da semana. Na aula apareceron a súa nai e seus irmáns, cun teatro de títeres! Fixeron un par de representacións marabillosas. E ademais, a mamá de Dami estaba de cumpre! Para celebralo convidounos a biscoito e varias lambetadas. Grazas familia!







Máis laretadas





 Por fin abrimos a cabaza xigante que nos trouxo Iván, era enorme... traballamos moito sacando carne e sementes. 







No obradoiro matemático estivemos aprendendo a facer táboas de dúas entradas, seguimos a traballar motricidade e magnetismo na mesa de luz. Á mesa sensorial volveron as boliñas guais, que é como lles chamamos os Laretas, encántanos pesar, medir, facer trasvases, observar coa lupa...

Tamén tocou tomar decisións sobre como anunciar o produto que estamos a desenvolver: decidimos facer carteis e un anuncio para as redes: estade atent@s! 

Cumpre de Enzo.

 Que contentísimos, todos, por fin, temos todos , profe ti tamén tes un catro! Para celebralo houbo "festa rachada" como ben din o...