lunes, 24 de febrero de 2025

Día de Rosalía

 O mandadiño dixo que tiñamos que homenaxear Rosalía... e as nosas familias traballaron moitísimo! Nós aprendemos unha copliña dun dos seus poemas e fixemos uns traballiños na aula. 


Grazas familias.

Día da muller e a nena na ciencia

 

Celebramos o día coas nosas nenas preparando un experimento na aula! 

Visita de Manxadoira

 Os mestres de Manxadoira visitan á escola. 


Grazas por vir!

Froita na escola

 Aproveitando ás semanas da froita na escola fixemos algo de vida práctica. Xa somos uns expertos e expertas. 







Benvido Brais

 Que emoción! Iván xa é irmán maior, estamos encantados e desexando ver a Brais. Na escola fixemoslle un agasallo entre tod@s. 





Día do amor.

 Traballando nas emocións, o amor... iso que será? E nós a quen queremos? 





Aprendemos a escribir a palabra AMOR, fixemos unhas tarxetas super chulas e despois estivemos pensando moitísimo cun conto que nos emprestou Papirus. 

PROXECTO INVERNO

 Estivemos traballando arreo no proxecto do inverno... deixamos un pequeno resumo de todo o que traballamos. 



viernes, 7 de febrero de 2025

Pista de esquí

 Que sorpresa ao entrar na esola, que era iso que había na alfombra? 


Unha pista para esquiar! Pareceunos divertidísimo... case todo@s nos animamos a probar. Era ben difícil, non pensedes.












Despois de todo ese esforzo xa só nos quedaba... desfrutar da "neve" 






Facemos iglús

Na aula estamos aprendendo cousas sobre o inverno, as cores, temperatura, cambios na natureza, animais e persoas que viven en zonas frías... e descubrimos os iglús.



A profe trouxonos uns terróns de azucre que se parecen aos tixolos de xeo cos que se constrúen os iglús






Estivemos probando toda a mañá, que reto máis difícil pero ao final...


Conseguimos unhas construcións ben xeitosas.

 

Cumpres de xaneiro


 Helena, Pedro e Iván xa teñen catro anos! Xunt@s fixemos unha festaza na clase, bailamos, cantamos e papamos. Parabéns laretiñas. 

Biblioteca



 Como xa sabedes, todos os luns imos a biblioteca. Primeiro collemos as bolsas superchulas que fixemos na aula, unha vez na biblioteca temos un montón de libros para escoller e cadaquén leva o que máis lle gusta, hai quen sempre repite o mesmo! Pero iso non é a parte máis divertida o que máis nos gusta e facer nós mesmos o préstamo, collemos o noso carnet e pásamos o código de barras, despois bucamos outro código de barras no libro pasámolo tamén e listo! Así Papirus xa sabe que libro levou cada un... está desexando vernos todos os luns.

Día da paz.



 Celebramos na escola o día da paz e da non violencia. Estivemos preparando unha "coroa" ben bonita, cunha pombiña da paz. Fomos xuntos ata o cole de primaria e cantamos a canción de Xabier Díaz "Muiñeira irmandiña" e, sabedes? O mesmísimo Xabier mandounos un vídeo para darnos as grazas por escoller a súa canción, os maiores leron unhas mensaxes chulísimas e ademais pudemos ver como unha compañeira soltaba as pombas de seu avó. 

Día de Rosalía

 O mandadiño dixo que tiñamos que homenaxear Rosalía... e as nosas familias traballaron moitísimo! Nós aprendemos unha copliña dun dos seus ...