Como sabedes, para celebar o día de Rosalía elaboramos unhas rosas ben bonitas cuns versos da autora que aprendimos así de ben, tamén unha parte dunha canción coa letra dun poema que Curros adicou a Rosalía
FACEMOS COLARES DE DEFUNTOS Na escola estivemos falando da importancia de manter as tradicións e de que os nosos avós e avoas saben moitísimo, non só o Google sabe cousas! Estivemos facendo un colar de defuntos, rosario de santos ou colar de zonchos. Para isto precisamos, agulla, fío, castañas cocidas e... paciencia! quedaron ben bonitos!
CARREIRA DE SAN MARTIÑO OS E AS LARETAS ANDABAN ALGO TRISTEIROS PORQUE ESTE ANO NON HOUBO CARREIRA DO SAN MARTIÑO, ASÍ QUE FIXEMOS UNHA NO COLE. NON PENSEDES QUE NON TRABALLAMOS, TIVEMOS QUE FACER E RECORTAR DORSAIS, ESCRIBIR O NOME DA CARREIRA E FACER UNHAS MEDALLAS SUPERCHULAS PARA TODxS.
MAGOSTO Celebramos o magosto no cole, aínda que este ano non nos puidemos xuntar coas outras clases, fixemos festa igual, puxemos a música ben alta grazas ao altofalante que nos agasallaron as ANPAS e non faltou o noso mago favorito, Ramón!
Comentarios
Publicar un comentario